Martes. 21.05.2024
El tiempo

Unha parella detida por roubo con violencia nun establecemento de Vimianzo

Unha parella detida por roubo con violencia nun establecemento de Vimianzo

Axentes da Garda Civil de Vimianzo apoiados por patrullas de Camariñas, Laxe e Corcubión detiveron antonte pola tarde a unha parella de nacionalidade rumana como supostos autores dun roubo con violencia ocorrido nun establecemento de Vimianzo e no que lle subtraeron varios efectos a unha muller.

Tras ter coñecemento dos feitos, o instituto armado pon en marcha un amplo dispositivo de localización ao obxecto de capturar aos asaltantes que se deron á fuga nun turismo. Minutos máis tarde una das citadas patrullas localiza o coche nunha cuneta de Carnes e a un dos seus ocupantes, unha muller de 27 anos, nun bar de Ponte do Porto. Algo máis tarde, logo de realizar unha batida polas inmediaciones do vehículo accidentado localízase ao segundo ocupante, un varón de 31 anos.

Tras un exhaustivo recoñecemento do coche, os gardas lograron incautarse de parte dos efectos que lle subtraeron á victima. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da GC.

Comentarios