Días de clausuras en Malpica
Chega a fin do curso e van sendo datas de clausurar as actividades municipais. Por Malpica, este pasado venres serviu para despedir o curso en dúas delas.
As 12 alumnas do curso de manualidades organizado pola Concellería de Educación, Cultura e Turismo remataron as actividades por este ano, e foron recoller os diplomas que lles entregaron o alcalde, Eduardo Parga Veiga, e o tenente de alcalde, Miguel Fernández. De todas as cousas que fixeron, que foron moitas, podedes ver unha mostra na planta baixa do Centro Cívico. Hhai auténticas "virguerías", pero con unha profe tan creativa como Lucía Villanueva todo resulta sempre moito máis doado.
Ademais, os participantes na actividade de ximnasia terapéutica que organiza a Concellería de Deporte decidiron poñer fin ao curso participando nunha experiencia diferente á do resto do ano. Así que cambiaron a roupa de deporte pola de rúa para saír de excursión coa súa monitora, María Varela Bardanca, que levou a 25 dos seus alumnos e alumnas a gozar doutro tipo de actividade saudable na Illa de Ons e na Ponte Maceira.
Fonte
- Concello de Malpica.