Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A doutora Estíbaliz Díaz profundizou na prevención sobre o cancro de mama en Malpica

Charla cancer Malpica AECC
A doutora Estíbaliz Díaz profundizou na prevención sobre o cancro de mama en Malpica

Este pasado sábado, o Concello de Malpica aínda tiña unha actividade preparada polo Día Mundial Contra o Cancro, que tivo lugar o pasado día 4. Despois da exposición da AECC “50 anos cambiando a historia do cancro”, a propia Asociación Española Contra o Cancro organizaba unha charla no Centro Comarcal de Buño, cunha gran asistencia de público, que completou o aforo.

A protagonista foi a doutora Estíbaliz Díaz Balboa (Ponferrada), do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e do Servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario, que seguíu concienciando e visibilizando sobre esta enfermidade. Presentou José Antonio Viña.

Hoxe en día investiga sobre a eficacia dun programa de rehabilitación cardio- oncolóxica na prevención de complicacións cardiovasculares e funcionais en mulleres con cancro de mama que reciben quimioterapia. Antes abordou os beneficios da actividade física e a súa prescripción en mulleres con cancro de mama, así como as alteracións neuro-músculo-esquéticas logo da reconstrución mamaria mediante o colgallo do dorsal ancho en mulleres con cancro de mama.

Ademais da relatora, acudiron ó acto a presidenta da xunta local da AECC, Teresa Blanco; o representante da xunta da Coruña, Mikel Lois Suárez; o alcalde de Malpica, Eduardo Parga; a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Olaría, Marisol Blanco, e o edil do BNG, Miguel Varela
. Ó remate, entregáronse diversas pezas de barro ós participantes.

Novas relacionadas

Comentarios