Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Malpica ponse de verde e estrea exposición polo Día do Cancro

Inauguración Exposicion 50 anos AECC en Malpica
Malpica ponse de verde e estrea exposición polo Día do Cancro

Hoxe é 4 de febreiro, Día Mundial Contra o Cancro. E o Concello de Malpica e a AECC quixeron onte celebralo para darlle visibilidade á loitra contra esta enfermidade. Así, foi inaugurada, no Centro Cívico, a exposición "Asociación Española Contra o Cancro: 50 anos cambiando a historia do cancro", nun acto con representantes do Concello e da xunta local da propia entidade

A mostra recolle o medio século de investigación da Fundación Científica AECC para mellorar a calidade de vida dos doentes e co obxectivo de acadar o 70% de supervivencia no ano 2030. Nestes aspectos afondaron o rexedor e a representante malpicá da entidade.
“Para min é unha satisfacción inaugurar esta exposición”, comezou dicindo Carmen Teresa, presidenta local da entidade, ao que engadiu: “Os cartos que se van reunindo coas distintas accións que levamos a cabo, como as cenas, van para a investigación, que é unha das cousas máis importantes dun país. Grazas a todos e a todas por vir”.

Pola súa parte, o alcalde Parga agradeceulle, así mesmo, o “traballo” que está a facer polo “pobo de Malpica”. “Hai anos había medo a falar desta enfermidade que, en cambio, agora, está máis normalizada, con certos tipos de cancro que son máis curables. Isto é grazas ós investigadores e ás investigadoras, coa gran labor diaria que fan, e grazas a vós tamén, mesmo con eventos puntuais como as ceas, que ogallá pronto a situación sanitaria o permita e as poidamos recuperar para recadar un diñeiro cunha finalidade social importantísima”, expuxo.

Todos os asistentes desprazáronse, logo, á casa consistorial, a cal, con motivo do 4 de febreiro, se iluminou de verde e amosou unha gran pancarta para visibilizar esta loita e apoiar ás persoas que sofren a enfermidade.

Concello Malpica de Verde polo Dia do Cancro

A Laracha de verde
A Concello da Laracha de verdeVimianzo contra o Cancro
A Casa do Concello de Vimianzo de verde

Comentarios