Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Dúas persoas trasladadas ao Hospital tras un incendio na súa vivenda en Malpica

Incendio vivenda Malpica
Dúas persoas trasladadas ao Hospital tras un incendio na súa vivenda en Malpica

Esta pasada tarde de luns, arredor das 19:15, unha familia alertaba ao 112 por un incendio rexistrado nunha vivenda de Malpica. Tratábase dunha vivenda situada na rúa do Ventorrillo a nivel -2 respecto á rúa, pero con acceso dende o exterior baixando unhas escaleiras.

O GES Ponteceso chegaba xunto Protección Civil, e pouco despois a Garda Civil e os Bombeiros de Carballo, e todos tiveron que traballar arreo pois a vivenda estaba chea de periódicos e revistas. A extición resutou dificultosa e o lume (descoñécense a orixe do mesmo) afectou a gran parte da vivenda, que quedou moi deteriorada tanto polo efecto do lume coma polo fume.

As dúas persoas que habitaban na casa foron evacuadas, por precaución, polos servizos sanitarios ata o centro sanitario da localidade.

Comentarios