Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”

Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”
Non paramos de ver a cara de Santi Romay por aí. O actor malpicán está nun dos mellores momentos da súa carreira, e iso que xa vén de lonxe, dende os tempos do seu debut na serie "Mareas Vivas" aló polo 98.

A día de hoxe podemos velo cada martes en Matalobos ou dende xa, no filme de produción galega dirixida por Ignacio Vilar, Vilamor.

Pero Santi está a máis cousas. O seu amor pola terra, e pola música, fai que sexa unha das pezas claves da organización do Nordestazo Rock, que este 2012 dará un salto de calidade da man dos Heredeiros da Crus. Aí está trala A.C. Tralla de Malpica achegando boa música á Axenda Sonora da Costa da Morte.

  • QPC: Moi boas Santi. Ultimamente vémoste en todos os "saraos". Iso é que a cousa vai ben, non?

S.R.: A verdade é que non me podo queixar. Neste 2011 non parei de currar, e no 2012 hai varios proxectos de teatro e televisión. Ademáis da estrea de Vilamor, tamén está Personal Movie, na que son protagonista. É un filme de Héctor Carré con Chete Lera, Miguel de Lira, Víctor Mosqueira... un bo elenco.
E logo está o Nordestazo Rock, que está medrando máis do esperado, jeje.

  • QPC: Fálanos un pouco de Matalobos, esa serie que mantén en vilo a media Galicia. É certo que só nos quedan 2 capítulos para o final???

S.R.: Pois si, só quedan dous capítulos... pero os narcos sempren dan guerra, e aínda que non o podo confirmar 100%, pero faremos case seguro outra temporada. Que polo que me dixeron terá moitas sorpresas.

  • QPC: Tamén te podemos ver xa no filme Vilamor. Unha rodaxe por toda Galicia con moitos dos grandes actores do país. Como foi a experiencia? Que proporciona Vilamor ao audiovisual galego? Que expectativas tedes co filme?

S.R.: Primeiro foi unha experiencia fantástica, porque coincidimos unha xeración de actores e actrices dun mesmo rango de idade. Aínda que foi unha rodaxe dura, polas horas, a calor, as pulgas que nos comían no medio do monte. Pero temos grandes expectativas coa película porque é unha historia que recorda a tempos de cambio na nosa cultura e vida. Esperemos que o espectador o saiba valorar.

  • QPC: En que outros proxectos audiosuais andas metido?

S.R.: Agora mesmo, con teatro, e para mediados de ano terei unha tvmovie. E formándome na faceta de canto.

  • QPC: E xa achegándonos a casa... Vaia Nordestazo que se preve para este verán...

S.R.: Si, o tema Heredeiros da Crus, está dando moito que falar... nas redes socias, prensa, o boca a boca... pero esperemos que se reflicta na venta de entradas que xa comezou o pasado xoves cun éxito rotundo. Xa van 800 entrdas vendidas en 4 días!!

  • QPC: Ademais seguides argallando actividades ca Tralla máis alá do Nordestazo ademais. Que tal foi a tarde de monólogos con grandes como Quico Cadaval, Mofa e Befa e Carlos Blanco?
    Que máis tendes entre mans alén do Nordestazo?

S.R.: O ciclo de monólogos está funcionando moi ben... segundo esperabamos porque son nomes coñecidos da cultura galega. Aínda falta Carlos Blanco, pero seguramente encherá.
A A.C.Tralla ten un obxetivo fundamental que é o Nordestazo, pero sempre anda artellando actividades, que eso sí, den beneficio para o concerto.

  • QPC: Como responde a vila de Malpica e a Costa da Morte a esta clase de eventos culturais e festexeiros?

S.R.: A xente da Costa onde haxa festa, alí está...

  • QPC: Por certo, tamén te vimos canda a Mikaela de Buño... Esa festa non a perdes, non?

S.R.: Non, Dende logo. Xa che digo que a xente da Costa onde haxa festa, alí está!!! jejejejeje.

  • QPC: Falando xa en clave comarcal, como ves a saúde da canteira de actores e actrices na Costa da Morte?

S.R.: A verdade é que non estou moi o tanto das novas xeracións de actores da Costa da Morte... pero sempre houbo boa canteira. Mira para Victor Mosqueira, por exemplo. Un crack. Ou María Tasende.

  • QPC: Amante do Barça na 1ª División... e no Fútbol da Costa?

S.R.: Por suposto, socio do S.C.D. Malpica. Veña que xa collemos o Fisterra!!!!! Cando podo vou a Pedra Queimada.

  • QPC: Pois moitas gracias Santi por levar sempre o nome da túa terra por toda Galicia!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios