O equipo móbil do DNI estará en Malpica en febreiro e en Ponteceso en abril
09:42 10/01/22
Ademais da oficina de Carballo, o resto da comarca ten que agardar á chegada da Unidade Móbil do DNI para renovar os seus documentos. Así acontece en Malpica e Ponteceso, dende onde informan das novas datas para reservar cita.
O equipo móbil do DNI visitará Malpica o 24 de febreiro. Será na casa consistorial, en horario de 9.00 a 12.00 horas. Os interesados en renovar ou obter este Documento Nacional de Identidade poden anotarse xa no Concello.
Pola súa parte, toca en Ponteceso o mércores e o xoves 20 e 21 de abril de 2022. Os interesados poden informarse e inscribirse xa no Concello de Ponteceso ou no teléfono 981 714 000, e na Oficina Municipal de Corme ou no 981 738 428.