Falece unha muller e rescatan un home tras ir a pique un iate en Malpica

Son días de bo tempo, pero de moita mar na Costa da Morte. E sucédense os accidentes, dous entre onte e hoxe.
O máis grave aconteceu esta mañá, arredor das 7:00h, na zona do mirador da Atalaia, pola parte de atrás do peirao do Malpica. Un par de embarcacións de pesca viron unha balsa salvavidas nunha zona que bate moito, de cantís e rocha. Un iate naufragaba e os seus dous tripulantes tiñan que saltar á balsa.
Non puideron rescatala pero avisaron ao helicóptero de salvamento que conseguíu chegar a tempo para salvar a vida do home. Pero a muller falecíu.
Tremendo o rescate que protagonizou hoxe o helicóptero de @salvamentogob en Malpica... Mágoa que só puidese salvar unha das dúas persoas do iate.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) July 7, 2022
Aquí a info: https://t.co/j8Av5w6OES pic.twitter.com/wA5wVLJwZV
As rochas tamén en Muxía

Onte, en Muxía, outro iate acababa nas pedras da Barca. Os mariñeiros tiveron que axudalo a liberalo.
