Martes. 16.04.2024
El tiempo

Faleceu Teresa da Canóniga, a última pandereteira "vella" de Mens

O director de Aturuxo coas pandereteiras Adela outra das pandeireteiras finadas en 2016) e Teresa da Canóniga (co pelo branco) na homenaxe realizada en 2012
Faleceu Teresa da Canóniga, a última pandereteira "vella" de Mens

Queda orfa parte da historia de Malpica co pasamento da última das pandereiteiras de Mens. Teresa Lema Varela, máis coñecida como Teresa da Canóniga, falecía onte aos 95 anos. Aló quedan décadas da historia do folclore galego, tanto coa Sección Femenina como coa Agrupación Folclórica Aturuxo de A Coruña. Décadas nas que levaron a a nosa cultura por toda España, Francia e Arxentina, man a man e tamén a través da Televisión de Galicia.

"Con ela desaparece unha estirpe histórica de pandereteiras que tocaban co puño pechado", conta un consternado divulgador malpicán Xosé Manuel Varela.

Quedará na lembranza de todas as mulleres e cativ@s que participaron nos talleres de memoria do propio Varela, e sobre todo dos que puideron estar naquela fermosa homenaxe que realizaron aló por 2012 a Fundación Eduardo Pondal, a Asociación Cultural Río dos Píos e o Concello de Malpica.

Este martes despedirán o corpo ás 19:00h.


Teresa da Canóniga, segunda pola esquerda, coas súas compañeiras e o bailador Manuel Cajaraville

Novas relacionadas

Comentarios