sábado. 14.03.2026
El tiempo

Unha foto de Criss Becerra na Mikaela, Ouro nos Premios Sony “Premios Comunitat Valenciana” da AFPV

Foto Premiada de CRISS_BECERRA_LORENZO_na_Mikaela de Buno
Foto Premiada de Criss Becerra na Mikaela de Buño
Unha foto de Criss Becerra na Mikaela, Ouro nos Premios Sony “Premios Comunitat Valenciana” da AFPV

Espectacular a foto da Mikalea coa que Criss Becerra, recibiu a medalla de Ouro na categoría de Reportaxe Social nos Premios Sony Premios Comunitat Valenciana. A Asociación de Fotógrafos Profesionais de Valencia (AFPV), outorgou o galardón á fotógrafa cercedense afincada en Buño, nunha gala que se celebrou en febreiro no Auditorio de Canet d’En Berenguer.

Nesta fotografía, Becerra reflicte o ambiente festivo e espontáneo dunha parella no momento máis álxido da celebración, completamente allea ao que acontece ao seu redor. A imaxe captura a esencia da festa, cunha composición natural e chea de forza emocional.

“Levo anos realizando fotografías durante a festa da Mikaela, e recibir este premio supón poñer en valor o traballo realizado desde hai 14 anos, cando acudín por primeira vez. Para min, na Mikaela atópanse os disfraces máis enxeñosos e particulares de toda a Costa da Morte”, sinala a fotógrafa.

A fotógrafa oleira participou tamén como finalista nas Calificacións 2026 da Federación Española de Profesionales de la Fotografía (FEPFI), quedando ás portas dos recoñecementos estatais.

Comentarios