A Garda Civil incautou case 8.000 kilos de xarda na Coruña provinte do porto de Malpica
O Servizo Marítimo Provincial da Coruña incautou 7.850kg de xarda descargada esta pasada madrugada no porto de Malpica que non tiña trazanbilidade e con documentación aparentemente falsa. O pesqueiro descargaba 14 palés (un total de 592 caixas) e o introducía nun camión.
Posteriormente, outro pesqueiro descargaba 100 caixas de xarda e outro palé de boga, que se introdxeron no mesmo camión. O resto do peixe descarfgado, tres palés de xurelo, foron a unha furgoneta que foi interceptada á saída do porto.
A Garda Civil seguiu ao camión ata o porto da Coruña, e alí interceptou. O condutor do camión, un veciño de Abegondo, doi denunciado por 3 supostas infraccións á Lei de Pesca, por falsedade de documentos de trazabilidade, por infradeclaración de xadra, e pola expedición falsa.
Reparto de mascarillas na Lonxa de Malpica
A Garda Civil procedeu ao reparto de 550 mascarillas ralizadas mediante reparto en bolsas individuais na lonxa de Malpica para autonómos, compradores, redeiras, barcos do cerco e barcos de baixura e pequenas embarcacións profesionais do sector pesqueiro. Quedaron á disposicion da confraría de pescadores para a súa posterior entrega.