Venres. 29.03.2024
El tiempo

Héctor Pose presenta a súa nova novela “Muxos” na Casa

Muxos de Hector POse
Héctor Pose presenta a súa nova novela “Muxos” na Casa

Unha auténtica enciclopedia de vocabulario mariño é “Muxos”, a nova novela de Héctor Pose. O malpicán fará precisamente a súa presentación na Casa do Pescado este venres, 29 de xullo, ás 20.30h, nun acto no que participarán o autor e Paco Abella.

A obra recibiu o accésit do I Premio ASUBÍO de novela FMJJ Infancia e Mocidade pola Inclusión, convocado pola Fundación María José Jove e Hércules de Ediciones.

A novela, ambientada nas Sisargas, narra a historia dunha nai coraxe na súa loita por axudar ao seu fillo ante as dificultades. No fallo, o xurado do Premio Asubío destacou “a riqueza léxica, profundo coñecemento da vida dos mariñeiros.

Sobre o autor

Héctor Pose (Malpica, 1964), é profesor universitario e escritor. A súa biografía literaria sobre un recoñecido ex futbolista, Donato (Damajuana ediciones, 2016), o diario Doce lúas (Axóuxere, 2015), a novela Mar de invernía, (Phottic, 2016), a novela en forma de diario Arponera Café (Nazarí, 2018), o libro-obxecto de fotografías con Enrique Lista, Un lugar. Dúas miradas inadecuadas (Autoedición, 2018), a novela Escribirme (Dopeirao, 2019) e o libro-obxecto Lascas (Estraperlo, 2020) co artista plástico Héctor Francesch van conformando unha ben interesante traxectoria creativa.
Ten publicado ademais o Mar de Paixón, un relato en imaxes da historia do Fútbol da Costa.

Novas relacionadas

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Comentarios