Venres. 04.10.2024
El tiempo

Unha homenaxe aos mariñeiros malpicáns deportados a Mauthausen

Homenaxe en Malpica aos malpicans en Mauthausen
Homenaxe en Malpica aos malpicans en Mauthausen
Unha homenaxe aos mariñeiros malpicáns deportados a Mauthausen

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e o Concello de Malpica preparan para este vindeiro venres 21 de agosto unha cita singular. Unha homenaxe aos tres homes que foron deportados ao campo de concentración nazi de Mauthausen: Antonio Suárez Blanco, "Coruña, Luís Rodríguez Villa, "Luís de Rogita", e Antonio Fariña Chouciño, "Antonio da Rosa”.

”Por un lado, queremos renderlles homenaxe a estes veciños, que forman parte da historia do noso municipio. Polo outro, queremos que a cidadanía de Malpica e, sobre todo, os mozos e mozas, saiban o que pasou naquela época histórica”, explicaba o alcalde Walter Pardo.

A súa é a historia de tres mariñeiros que, como outros moiros sufriron as penalidades do exilio nos campos de Francia. Alí, loitaron xunto aos aliados na Segunda Guerra Mundial, pero foron detidos e levados a Mauthausen, onde sufriron os horrores do campo de exterminio.

Antonio Suárez Blanco, "Coruña”: naceu en Malpica de Bergantiños o día 6 de maio do 1907. Era mariñeiro e pertencía á CNT. Despois do golpe de estado de 1936, el e outros veciños tiveron que fuxir para evitar a represión. Marcharon a Francia, onde foron recluídos nun campo de refuxiados. Posteriormente, coa ocupación nazi de Francia, Antonio Suárez Blanco foi capturado e enviado ao campo de exterminio de Mathausen e trasladado ao campo de Gusen. Conseguiu sobrevivir e foi liberado o 5 de maio do 1945.

Luís Rodríguez Villar, "Luís de Rogita": era membro do sindicato de obreiros de Malpica da CNT. Tivo que fuxir e conseguiu cruzar a fronteira francesa na procura de asilo o 7 de febreiro do 1939 xunto con miles de refuxiados. Luís Rodríguez Villar estivo nos campos de Argelès, San Ciprián e Barcarés. Tomou parte na Segunda Guerra Mundial e, despois de pasar por un stalag en Silesia, foi deportado a Mathausen o 24 de xaneiro de 1941. Foi liberado o 5 de maio do 1945 e permaneceu en Francia. Regresou a Malpica en agosto de 1978.

Antonio Fariña Chouciño, "Antonio da Rosa": irmán de Francisco da Rosa, co que fuxe na embarcación “San Adrián”. En agosto do 1939 está no campo de Argelès en Francia. Máis tarde, en Angouleme. Foi deportado a Mauthausen en agosto do 1940, e morreu en Gusen o 6 de maio do 1941. El foi un dos 10 finados nos campos de Mauthausen e Gusen da Costa da Morte.

O programa

No evento, que se celebrará na Casa do Pescador a partir das 20:00h, presentarase o libro Aquela xente digna, escrito por Héctor Pose, e inaugurarase a praca na súa memoria. Nesta primeira parte intervirán os familiares dos homenaxeados, o autor da obra, Héctor Pose, a representante da Asociación para a Recuperación Memoria Histórica, Carmen G-Rodeja, o presidente da Confraría, Pedro Pérez, o rexedor, Walter Pardo e os concelleiros Alfredo Cañizo e Leticia Varela.

As 21.30 horas terá lugar a inauguración da praca na honra destes tres veciños na fachada lateral da Casa do Pescador. Participará o alcalde, a representante da ARMH e os familiares dos deportados.

A historia destes

Novas relacionadas

Comentarios