Un iate sufriu un incendio no porto de Malpica por mor dunha bengala
09:27 26/08/24
Foi na noite do sábado, pasadas as 21:30h, cando varios particulares avisaban ao 112 de que un iate estaba ardendo no porto de Malpica, preto dos guindastres de reparación.
A rápida actuación dos servizos de emerxencias impediu que as lapas, que finalmente só afectaron a un compartimento do baño, se propagasen a outras embarcacións e coches aparcados na mesma zona.
Foron os Bombeiros de Bergantiños, do GES de Ponteceso, da Garda Civil, e da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil do municipio os que sufocaron o lume, e identificaron a orixe das chamas nunha bengala que estaba nun baño do barco. Na incidencia só houbo que lamentar danos materiais.