Venres. 03.05.2024
El tiempo

Incautados 655 kilos de sardiña no porto de Malpica

Sardina incautada pola Garda Civil
Incautados 655 kilos de sardiña no porto de Malpica

A Garda Civil incautaba 655 kilos de sardiña no porto de Malpica. Os axentes realizaban un servizo de control, cando observaron unhas caixas ocultas dunha lona na parte traseira da fábrica de xeo. Unhas caixas que despois eran cargadas nunha furgoneta. Os axentes procederon á inspección do vehículo comprobando que as 47 caixas non tiñan documentación legal da mercancía, polo que procederon a incauala e dala ao Banco de Alimentos.

Comentarios