Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
07:05 27/10/15
Íntegro impartiu no pasado mes de abril un curso de xardiñería para persoas con diversidade funcional e en risco de exclusión. Imaxe: Íntegro
A concellería de Servizos Sociais de Malpica porá en marcha o vindeiro 3 de novembro un curso de técnicas de colocación de pladur e pintura destinado a persoas con diversidade funcional e/ou en risco de exclusión social.
O obradoiro, de carácter eminentemente práctico, terá 42 horas de duración, e será impartido pola asociación Íntegro na Casa do Oleiro de Buño, onde se desenvolverá tanto a formación teórica coma a práctica. As clases serán os luns, martes e xoves, de 09.30 a 13.00 horas.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Os/as interesados/as poden inscribirse xa no Departamento de Servizos Sociais (centro Cívico) ou chamando ao número de teléfono 981 720 280.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica