Sábado. 27.04.2024
El tiempo

López Cao desenvolve en Buño un pioneiro sistema para substituír o ladrillo

Planta de Buno de Lopez Cao
Casa piloto instalada na planta de prefabricados de López Cao en Buño
López Cao desenvolve en Buño un pioneiro sistema para substituír o ladrillo

Esperazador exemplo de innovación o que contamos hoxe con raíz en Buño. A planta de prefabricados que a empresa Construcciones López Cao ten dende 2018 en Buño (na antiga fábrica de Forjados El Progreso) é o foco da creación dun material de construción que pode servir para substituír o ladrillo na construción. Aí é nada.
De feito, na planta malpicá están construíndo unha casa a escala, que serve de laboratorio para ir conseguindo as melloras necesarias para que este novo material para facer tabiquería de formigón lixeiro chegue a revolucionar o mercado.

”Non digo que sexa unha revolución, pero si se trata de atopar produtos que substitúen os problemas”, explica Francisco Saavedra, que nos debulla como naceu o proxecto de creación do “Pret-a-bico”. “Nós temos nada en contra do ladrillo, pero nós coñecemos ben as carencias do mercado porque as sufrimos todos os días, e atopamos un problema coa man de obra. Falta relevo xeracional na albañilería, xa non hai rapaces que veñan a traer o cv para ir aprendendo o oficio, o que provoca un encarecimento da man de obra. E o ladrillo é complicado de instalar, e os paneis de formigón son moi pesados, requiren grúa…”

Co novo material, “dedicámoslle máis tempo á preparación e axilizamos o traballo de transporte e en obra, permitindo, por exemplo que non haia que facer rozas en obras no proceso de acabado”, detalla. Ademáis, aproveitando que na planta fan paneles de formigón para naves, “queríamos darlle unha volta e pensar en como facilitar a obra en vivendas”.

O sistema de tabiquería prefabricada lixeira de alto rendemento Pret a Bico
O sistema de tabiquería prefabricada lixeira de alto rendemento Pret a Bico deixa perfectos acabados

Coa idea na cabeza, uniron forzas cun estudio de arquitectura (Naves 04 Arquitectos) e un laboratorio (Galaicontrol) e presentáronse en 2018 ao programa Conecta Peme 2018. E saíu adiante, e esta semana se presentaba entre un dos 3 proxectos desenvolvidos no marco do programa nunha xornada na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Coruña patrocinada pola Asociación Galega de Empresas de Ingeniería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO), contando cun 50% de subvención de fondos Feder a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

”Os resultados están sendo bos. Estamos vendo que funciona. De feito, xa hai un edificio, edificio Nexus en Sabón, na parcela onde estaba a Schweppes, que ten toda a folla interior deste material”, explica Saavedra, satisfeito de que “non se trata dun produto de I+D dos que tardan séculos en saír ao mercado; este xa está en marcha en funcionamento e nos dá moita axilidade en obra”.

Neste vídeo explican o desenvolvendo do sistema de tabiquería prefabricado de alto rendemento:

Comentarios