Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Luís G. Soto leva o Camiño dos Faros en formato libro a Malpica

PRESENTACIÓN EN MALPICA O Camiño dos Faros
Luís G. Soto leva o Camiño dos Faros en formato libro a Malpica

Este vindeiro mércores, día 21 de agosto, ás 20:00 h., terá lugar na Casa do Pescador de Malpica de Bergantiños a presentación do libro "O Camiño dos Faros. Diario de viaxe", do profesor e filósofo Luís G. Soto, editado na Colección Baldaio de Edicións Espiral Maior.

O autor realizou o Camiño dos Faros da Costa da Morte en tres ocasións (200 quilómetros, comezando en Malpica) e "construíu" un diario/guía que une ao traxecto físico realizado (a experiencia) un conxunto de percepcións e reflexións que conforman o texto; o que fai desta obra unha achega única (e diferente) de gran riqueza sobre este patrimonio natural da Costa da Morte.

Ademais do autor, participarán no acto a concelleira de Cultura de Malpica, Noelia Freijeiro; a mestra e escritora Olga Rodríguez e o profesor e escritor malpicán Xosé Manuel Varela Varela.

Comentarios