Un magosto de contos, xogos populares e castañas no Quinteiro
07:34 06/11/24
Este sábado 9 de novembro, a Asociación O Quinteiro de Buño artella un fermoso magosto Ecomuseo do Forno do Forte. Pola mañá, contra as 12:00h, un dos mellores contadores do país, Celso Sanmartín, fará as delicias dos ouvidos máis esixentes coas súas historias de vida.
Pola tardiña, a partir das 16:30h, volverá a quecer a sesión con xogoso populares para toda a familia, e a partir das 17:30h, haberá castañas asadas de balde, que se poderán regar co servizo de bar.