Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica acolle o II torneo de xadrez

Malpica acolle o II torneo de xadrez
O próximo 22 de setembro, o pavillón municipal será a sede do II Torneo de xadrez concello de Malpica – I Memorial Ángel Rubio, valedeiro para o III Circuíto Intercomarcal de Xadrez. A competición está organizada polo Club Xadrez Arteixo co patrocinio do concello de Malpica. As inscricións poden realizarse ata o 21 enviando un correo electrónico a [email protected] ou chamando ao número de teléfono 617 234 393. A cota para a categoría xeral é de 7 euros; sub-14 e locais terán un prezo reducido de 4 euros e para GM-MI será de balde. O sistema de xogo do torneo será o suízo a 7-8 rondas, dependendo do número de xogadores, cun ritmo de xogo: 10´+3”. Os xogadores deberán presentarse ás 15:45 horas e a 1ª rolda arranca ás 16:00 horas. A clausura está prevista para as 21:00 horas. Os emparellamentos realizaranse mediante programa informático e non se admitirán reclamacións agás erros na introdución de resultados antes da seguinte rolda. Todos os xogadores deben estar federados e o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Os desempates faranse cun resultado particular, bucholz -1, bucholz total e APRO. O tempo de espera será ata a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sen causa xustificada será eliminado do torneo. En total repartirantes 800€ en premios. Fonte

Comentarios