Malpica acollerá unha cea solidaria da Asociación Galega de Ataxias
Xa sabemos que a Costa da Morte ten a curiosa honra de ser unha zona onde a Ataxia está máis estendida. Este trastorno caracterizado pola diminución da capacidade de coordinar os movementos musculares voluntarios, como din eles, "pode limitar o movemento, pero non os nosos soños".
Así, a Asociación Galega de Ataxias segue na súa loita para visibilizar e informar a enfermidade. A entidade elixiu o municipio de Malpica para conmemorar o seu décimo aniversario.
A festa está prevista para o vindeiro sábado, día 29, no restaurante Aldeola, en Cerqueda. A Asociación Galega de Ataxias levará a cabo unha cea solidaria co fin de recaudar fondos para o funcionamento da entidade, que forma parte da Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas e que desenvolve un importante papel de apoio aos enfermos e ás súas familias.
O prazo de inscrición aínda está aberto. Os interesados poden chamar aos seguintes números de teléfono: 618302974 (Lola), 636779682 (Estrella) ou 981720006 (restaurante Aldeola). O prezo da cea é de 25 euros, e inclúe unha rifa para o sorteo de dúas fines de semana de estancia no complexo hostaleiro Aldeola. Ademais da cea haberá baile, coa actuación en directo da orquestra Los Trovadores.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Malpica.