Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Malpica acolleu o V Campionato de pesca submarina

  • Malpica acolle tamén o primeiro dos Campionatos de Fotografía Submarina do proxecto Rimartes
4.pesca Malpica
Malpica acolleu o V Campionato de pesca submarina

O V Campionato clasificatoria Zona Norte de Pesca Submarina celebrouse este domingo en Malpica. A xornada tivo lugar entre punta Muxeiros, en Malpica, ata punta de Chan de Razo, en Razo. 14 participantes clasificados para esta final dos clubs da zona entre desde Fisterra ata Ribadeo, colleron grandes capturas.

Os tres primeiros clasificados foron: Adrián del Río García, do Club de Remo San Felipe; Antonio Ramón Lata Lafuente, do Club do Mar Ferrol, e en terceiro lugar Luis Miguel Pan Tajes, do Club del Mar de San Amaro.

A actividade que tamén contou coa colaboración do Concello, da Confraría de Pescadores, Protección Civil e Buceo Malpica.

pesca Malpica copia

Proxecto RIMARTES

Na mesma liña, pero cun enfoque puramente turístico, os GALP da provincia presentaba a semana pasada o I Campionato de Fotografía Submarina en Pecios no marco do proxecto RIMARTES. Un campionato que se desenvolverá durante as fins de semana do 14-15, 21 e 28 de maio nos portos de Malpica, Fisterra, Porto do Son e na Mariña deportiva da Coruña.

As inscricións realízanse a través da FEGAS e son gratuítas.

Novas relacionadas

Comentarios