Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha necesaria limpeza dos fondos mariños do porto de Malpica

Limpeza do Porto de Malpica
Unha necesaria limpeza dos fondos mariños do porto de Malpica

Impagable a labor o que levaron a cabo este ábado, 2 de abril, numerosos voluntarios no porto de Malpica. Realizaron unha limpeza dos fondos mariños do peirao que tivo como resultado unha gran cantidade de lixo extraído do mar. Da man da Asociación Chelonia e Coca-Cola, e coa colaboración de Buceo Malpica, Concello de Malpica e a Confraría de Pescadores de Malpica, a actividade estivo integrada dentro do proxecto Mares Circulares, que busca contribuír á redución de impactos dos millóns de toneladas de residuos que cada ano chegan ás contornas acuáticas.

Durante a mañá, varios buzos somerxéronse na auga para ir na procura dos refugallos contaminantes. Contaban co apoio en terra doutro gran número de persoas e, entre todos, lograron extraer todo tipo de restos non desexados: redes, pneumáticos e mesmo pilas. Calquera deles danan a vida da flora e da fauna e, como consecuencia, das augas e produtos que o propio humano usa ou consume.

Esperamos que esta clase de actividades se recuperen en todos os peiraos da comarca, pois son máis que necesarios.

Comentarios