Martes. 19.03.2024
El tiempo

Malpica buscará mellorar o seu aforro enerxético coa FAEPAC

Valentin Gonzalez Formoso con Walter Pardo
Valentin Gonzalez Formoso con Walter Pardo
Malpica buscará mellorar o seu aforro enerxético coa FAEPAC
Malpica buscará mellorar o seu aforro enerxético coa FAEPAC

A Axencia Enerxética Provincial da Coruña asesorará ao concello de Malpica en materia de aforro e eficiencia enerxética, segundo o convenio asinado entre Deputación e Concello. A FAEPAC analizará as facturas eléctricas municipais (consumo de electricidade, auga quente e calefacción dos servizos públicos), realizará unha análise enerxética das instalacións e dependencias municipais do concello, co obxectivo de establecer un plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables.

Así mesmo, a FAEPAC encargarase da formación do persoal do Concello, para que adquiran as competencias necesarias para asegurar a redución das emisións e a mellora da calidade ambiental no municipio.

Comentarios