Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica celebra o 89 aniversario das Misións Pedagóxicas

Malpica Misions Pedagoxicas
Malpica celebra o 89 aniversario das Misións Pedagóxicas
Cada 20 de outubro, a vila recorda a primeira representación de monicreques que houbo en Malpica no ano 1933. E este 2022, co gallo do 89 aniversario, no vai ser menos e Malpica volverá lembrar aquelas Misións Pedagóxicas impulsadas polos José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto, Urbano Lugrís e Rafael Dieste. Faino desta volta cunha mostra fotográfica.

A mostra “As Misións Pedgóxicas en Malpica”, que amosa imaxes das diferentes representacións de monicreques levadas a cabo na vila entre 1933 e 2022, poderase visitar do 17 ao 30 de outubro no Fondo Lugrís do Centro Cívico.

Tamén haberá teatro de monicreques, por suposto, co espectáculo de Migallas Teatro que representará “Os tres porquiños”, unha obra teatral para os máis pequenos que mestura monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. O evento será o domingo 23 de outubro, ás 18:00h na na praza Anselmo Villar Amigo, pero no caso de que faga mal tempo, trasladarase ao auditorio do Centro Cívico de Malpica.

Novas relacionadas

Comentarios