mércores. 30.04.2025
El tiempo

Malpica celebra a IV edición da Festa Galega

Malpica celebra a IV edición da Festa Galega
A vila de Malpica vai celebrar este sábado, 20 de agosto, a cuarta edición da Festa Galega. Contarán con música e gastronomía dende a mañá, pero sempre centrada no noso país. Comezarán ás 11:30h con pasarrúas a cargo dos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas, ámbalas dúas orixinarias de Malpica. Pola tarde, celebrarase dende as 19:00h o I Desfile de Bandas de Gaitas da A.C. Malante. No desfile participarán a Banda de Gaitas da A.C. Malante, a Banda de Gaitas de Ortigueira, a Maruxía de Laxe e a Banda de Gaitas Inllar do Couto. Ás 20:00h haberá un descanso musical para degustar as sardiñas que prepararán nunha sardiñada popular. E xa dende as 21:00h retomarán a actuación as bandas anteriores. E xa ás 21:45h chegarán os pratos fortes, coas actuacións de Entrefaros, Xosé Manuel Budiño e Lume na Cachela.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios