Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica e Afaber conmemoran a Semana do Alzhéimer cun curso e unha mesa informativa

Malpica e Afaber conmemoran a Semana do Alzhéimer cun curso e unha mesa informativa
Afaber e o Concello de Malpica queren celebrar aSemana do Alzhéimer, e fano a partir do vindeiro luns coa inauguración do curso e a colocación dunha mesa informativa no centro de saúde En colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, ás 10.30 horas arrancará un curso para coidadores de doentes que se prolongará ata o día 25. Segundo confirmou a concelleira, Marisol Blanco Gorín, a iniciativa tivo unha excelente acollida, e, de feito, xa non quedan prazas. Coidándose para coidar mellor é o título desta nova acción formativa, que pretende proporcionar a coidadores/as e familiares a asistencia psicoterapéutica necesaria para o correcto desempeño das súas funcións.

Mesa informativa

Ademais da inauguración desta actividade, Afaber tamén instalará o luns, de 10.30 a 12.30 horas, unha mesa informativa no centro de saúde de Malpica, ata onde se achegarán o alcalde, Eduardo Parga, e os concelleiros Marisol Blanco e Miguel Fernández. Durante dúas horas ofrecerase información sobre o alzhéimer e sobre as actividades que desenvolve Afaber a todas as persoas interesadas que se acheguen ata o edificio.

Comentarios