Malpica enteira armará un "lipdub" contra a Violencia de Xénero
Queda moi pouco para un novo 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E por Malpica andan armando unha boa. Entidades e escolares de Malpica están preparando unha acción conxunta, un “lipdub”, mediante a gravación dun vídeo coa canción “Se acabaron las lágrimas”, , de Hueco, para o 25 de novembro.
Esta semana celebrouse unha reunión ca Área de Igualdade municipal para prepapar esta acción que ten como obxectivo transmitir ás mulleres que son vítimas da violencia de xénero que hai saídas.
A gravación do "lipdub" (saben deses vídeos gravados nunha soa toma, menetres van entrando uns e outros actores facendo "playback") realizarase os días 17 e 18 en distintos escenarios. Participarán a Asociación de Redeiras O Fieital, a Asociación de Oleiros de Buño, a UD Cerqueda, a Asociación Íntegro, as alumnas e alumnos dos cursos de alfabetización informática e novas tecnoloxías organizados dende a Área de Igualdade, escolares de Malpica e Buño e os membros do goberno municipal. O vídeo formará parte das actividades da Concellería de Servizos Sociais de Malpica, que dirixe Marisol Blanco Gorín, para o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).