Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica fai unha reforma da escoliña da Galiña Azul para o comezo de curso

Galiña Azul de Malpica
Reformas na Galiña Azul de Malpica
Malpica fai unha reforma da escoliña da Galiña Azul para o comezo de curso

O Concello de Malpica adicou unha partida de 43.606 euros para a reforma integral da Galiña Azul do municipio, xusto antes do comezo de curso. Unhas obras que permiten crear novos espazos diáfanos e amplos. As obras consistiron na reparación e substitución de todos aqueles elementos defectuosos tanto interiores como exteriores do inmoble, e completar ademais outros elementos necesarios para o correcto funcionamento da escola. Mellorouse o pavimento dos patios exteriores; a protección solar da sala polivalente, da aula de 0-1 anos, da de 1-2 anos, da aula de 2-3 anos e da sala de carros, mediante a colocación de elementos protectores nas fiestras. Na sala de carros substituíuse a porta de cristal por unha cega con peche.

Ademais, tamén se substituíron elementos como as billas de arias aulas, protexéronse esquinas dalgúns elementos construtivos, colocáronse estantes e aplicouse un tratamento impermeabilizante e contra fisuras tanto nas fachadas como na parte interior das escaleiras.

Comentarios