Venres. 30.10.2020
El tiempo

Malpica segue humanizando o centro coa nova remodelación da Rúa da Igrexa

Rúa Igrexa de Malpica
Rúa Igrexa de Malpica
Malpica segue humanizando o centro coa nova remodelación da Rúa da Igrexa

Dar prioridade ao peón fronte ao coche é unha das ideas principais do proxecto de humanización da Rúa da Igrexa que vén de presentar o Concello de Malpica e que terá un investimento de 85.000 euros.

O proxecto está enmarcado nunha aposta global pola humanización do caso, e dá continuidade aos proxectos da reforma integral das rúas Garda Civil José Antonio Pardines, Doutor Fleming e Travesía de Emilio González López, e que se pretende continuar cara a rúa Vila Fano e Emiio González López.

Para obter este resultado, procederase a retirar o mobiliario existente, coa intención de liberar a zona de actuación; demoleranse os pavimentos existentes, xerando unha nova vía adaptadas ás necesidades de tránsito de cada zona; realizaras a calzada a base de pedra de granito e formigón de cor natural, e realizarase unha nova rede separativa de saneamento, que substituirá á existente, moi deteriorada.
 

comentarios