A Costa amosa o seu rexeitamento frontal ao crime machista da Coruña

A Coruña sufría esta semana un novo episodio mortal de violencia de xénero. Unha muller de 49 anos, que xa estaba inserida no programa Viogen, era asasinada, presuntamente pola súa ex parella no barrio da Sagrada Familia. Con este crime, son xa 13 as vítimas da violencia de xénero no que vai de ano 2025 en España, o segundo en Galicia.
E comarca non fica pasiva e xa saíron as primeiras reaccións. Este mediodía celebrouse na Praza Villar Amigo unha concentración en sinal de repulsa do asasinato. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín, pediu gardar un minuto de silencio en memoria da vítima e como xesto de compromiso colectivo fronte a esta lacra social.
Concentración en Ponteceso e en Carnota
Así mesmo, os colectivos Sonlilá de Carnota é Feminismo en Pé convocan sendas concentracións para este martes 17 de xuño, ás 20:30h na Praza da Pedra de Carnota é na Praza do Recheo de Ponteceso.