Malpica, nova ubicación do Festival Orballo Cultural

O Festival ten que aprazar, polo tempo, os concertos desta fin de semana no Forum Carballo

Ademais das citas no Parador, no Fórum Carballo, e Portocubelo, Lira, a Costa da Morte albergará unha nova sesión do Festival Orballo Cultural.

Seguindo a boa experiencia do ano pasado no Buño deMostra, a organización do Orballo volve a Malpica. E faino con 7 eventos ao longo de todo o mes de xullo, en localizacións como o Ecomuseo do Forno do Forte.

Abrirán o mes os carballeses Apart, acompañados pola música do noso picadiscos de cabeceira Dj Set Maikel. Tamén pasarán pola capital oleira os Fabulous Resaca Brothers con Garbayo; Fer BR, Barbara Lago, Bluckr e Zars B; as costeiras Caamaño & Ameixetas con Sara, a camariñá Belem Tajes con Su Garrido Pombo; Caldo e Akazie ou Johny B Zero e Wavy Gravies.

As entradas estarán dispoñibles a partir das 17:00 en www.orballocultural.gal.

Aprazamento

Despois de que a pasada fin de semana tivese que finalizar precipitadamente a actuación de Baiuca nas Torres de Altamira e despois de moito pensalo, toan a decisión de adiar os concertos do Forum desta fin de semana.

Porque despois dun ano no que tanto temos sufrido, merecedes gozar ao máximo de todos estes eventos que estamos a organizar. Por iso, considerando a posibilidade de chuvia nesta fin de semana en Carballo, non queremos que se repita o mesmo que nas Torres de Altamira, onde a tormenta detivo un acto cheo de maxia.

Deste xeito, as actuacións de Tanxugueiras e Sheila, e de Sés e Rusinha quedan adiadas ata o mes de agosto, nunhas datas que confirmaremos moi pronto.
Hai que destacar que esta decisión non afecta aos eventos programados para o 26/7 e o 27/7, tamén no Fórum de Carballo.

Novas relacionadas

 

OUTRAS NOVAS DE MÚSICA