Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica prepárase para un Entroido completísimo

Entroido Malpica
Malpica prepárase para un Entroido completísimo

A Mikaela é o cumio do Entroido de Malpica. Pero para chegar ao sábado de piñata hai moito Entroido que superar. De feito, o pasado sábado xa comezaba na Casa de Veciños de Leiloio cunha festa artellada pola asociación de veciños da Pedrosa, Brión e A Raxeira; mentres que o domingo tocaban obradoiros e festa infantil en Seaia coa A.C. Carcaxía.

Festa do Entroido en Seaia
Festa do Entroido en Seaia celebrada este pasado sábado

Sen tempo a descansar, este venres 21 de febreiro, xa comeza o lío co pasarrúas do CEIP Milladoiro a partir das 10:30 horas, e o do CEIP Joaquín Rodríguez Otero a partir das 12:00 horas. O Concurso de disfraces de Entroido desenvolverase a partir das 00:00 horas polos pubs da vila, Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Prisma, e Don Paco.

O sábado 22 de febreiro, o sábado de Entroido, haberá cocido en Cerqueda, a partir das 14:00 horas. En Malpica, a partir das 14:00 horas, sesión vermú, cocido de Entroido, percorrido musical e gran concurso de disfraces. Colaboran A.C. Malante e A.C.D. A Estádiga.

Domingo 23

Queda para o domingo de Entroido, 23 de febreiro, para que Malpica acolla o desfile de disfraces infantil, que percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico ás 18:00 horas e rematando na praza do Campo. En caso de choiva rematará no Mercado Municipal. Organiza a A.C. Malante. Ás 18:00 actuará a Charanga NBA polas rúas da vila. Tamén a partir das 18:00 se xuntarán as comparsas polas principais rúas. A entrega de premios será a partir das 19:00 horas na praza do Campo. En caso de choiva, farase no Mercado Municipal.

Haberá tamén un concurso de piñatas de Entroido na praza do Campo a partir das 18:30 horas. Entrega de premios, vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica, ás 19:30 horas. Colaboran A.C. Malante, A.C.D. Carcaxía. Tamén haberá un baile social de disfraces de maiores, e un concurso de disfraces para maiores no Auditorio do Centro Cívico, amenizado pola solista do Trío Karma.

Luns e martes de Entroido

O luns 24 de febreiro haberá en Buño unha festa de disfraces infantil con inchables, karaoke, chocolatada e concurso de doces de Entroido, das 16:30 ás 19:30 horas no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora o ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Ás 19:30 horas celebrarase un concurso de disfraces no mesmo pavillón. Colabora o ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

O martes 25 de febreiro, en Malpica terá lugar a festa de disfraces infantil con inchables (para rapazada ata 14 anos) no pavillón polideportivo de Malpica, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Colabora o ANPA Ventorrillo. Haberá tamén unha exposición e degustación gastronómica de doces do Entroido, a partir das 17:00 horas no pavillón de Malpica. Colaboran a asociación de Redeiras Mar de Illa e a asociación de Amas de Casa. Podedes inscrivirvos no departamento de Educación e Cultura do Concello, e tamén en calqueira entidade colaboradora.

A cita obrigada ca Mikaela

O sábado 29 de febreiro celebrarase a Mikaela de Buño, a festa da mocidade de todo Bergantiños. A festa comezará ás 13:30 horas coa sesión vermú.

Peche de Entroido cos Madamitos e Ghuadineros, e os Enterros do Faustino e do Farruco

Enterros de Faustino e Farruco de Malpica

O domingo 1 de marzo celebrarase en Cerqueda o percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia, acompañados por unha comitiva de Entroido. Sairá ás 16:00 horas, co seguinte itinerario: As Pozacas, Leduzo, Os Resíos, O Ceán, Loroxo, As Cortes e Folgueira. Madamitos e Ghuardineros rematarán en Malpica no enterro do Faustino. Organiza: A.C. Raigañas.

En Vilanova celebrarase a festa de disfraces infantil e degustación de doces de Entroido, a partir das 16:30 horas na Escola Unitaria de Beo. Colabora a A.V.C.S. O Brizo. En Malpica actuará a Charanga NBA polas rúas de Seaia e Malpica a partir das 16:30 horas. Será o enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17:30 horas para percorrer as rúas da vila e a representación teatral da comitiva do Faustino, ás 19:00 horas no Cruceiro. Organiza a asociación de Redeiras Mar de Illa. En Seaia, ás 16:30, o Enterro do Farruco. A comitiva sairá do restaurante O Esqueiro para percorrer Seaia. Organiza a asociación cultural e deportiva San Xulián.

Novas relacionadas

Todos os programas do Entroido na Costa da Morte

Comentarios