Comeza a conta atrás para a Mikaela

Unha das festas máis esperadas do ano pola comarca de Bergantiños xa está en marcha. O Enterro da Mikaela, a gran festa da mocidade, será o sábado 29 de febreiro, o sábado de piñata.
A festa, que conta coa colaboración do Concello, e nomeadamente do edil de festexos Alfredo Cañizo, arrincará coa sesión vermú no campo da festa xa as 13:00h. A saída do via crucis de bares a bordo do tractor, e da man do Bus Disco Móbil, será ás 18:30 en Canta la rana, pero facer a “misa” no cruce de Xornes ás 18:00h, facer parada na Igrexa, e no cruce de leiloio, e facer a queima da Mikaela, a ritmo da Orquesta Compostela a media noite.
Imaxe da Mikaela destes pasados anos
Buses
Importante o sevizo de somosfesta.com que te levan te devolven dende A Coruña (con paradas en Arteixo, Laracha e Carballo) e máis dende Cee (con paradas en Dumbría, Vimianzo, Baio e Ponteceso).
Moito máis
Aínda estamos pendentes de coñecer os pormenores dos Enterros do Faustino ou a cita cos Madamitos e Ghuadineros, pero xa sabemos que o sábado 15 de febreiro o entroido malpicán arrinca na Casa dos Veciños de Leiloio o Entroido, cos desfiles infantís e de adultos, inchables e demais troula.
Crónicas da Mikaela
- 2019: A Mikaela, a gran festa da mocidade de Bergantiños.
- 2018: Malpica, núcleo singular dos Enterros do Entroido.
- 2017: Da Mikaela ao Caietano pasando polo Farruco e Faustino para despedir o Entroido.
- 2016: A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte.
- 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.