Apolinar Varela devolve os xogos tradicionais ao seu berce de Buño
09:41 15/07/26
A súa tese de doutoramento chámase "Xogo popular e Educación Física. Unha investigación etnográfica no Concello de Malpica de Bergantiños". Sabe, polo tanto, a importancia social dos xogos populares na comarca de Bergantiños, e esta fin de semana quere deviverlle á veciñanza de Malpica todo o que lle aprendeu a el.
Apolinar Varela impartirá este sábado 18 de xuño, ás 11:30h no Forno do Forte, a sesión "Xoguetes e Enredos Tradicionais no Camiño de Santiago". Unha xornada de divultación cultural do xogo tradiciona, os enredos naturais e a súa relación co Camiño de Santiago.
Ao final haberá xogos tradicionais para todos, actividade dinamizada pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
