Malpica quece motores para a VII Travesía a nado Sisargas

Xa é unha das citas náuticas máis singulares do verán costeiro. A Travesía a nado Sisargas-Malpica chega á súa VII edición, e terá lugar o vindeiro domingo 14 de agosto. A organización abrirá o prazao de preinscricións do 1 ao 25 de abril para esta proba en mar aberto cunha distancia en liña recta de 4,2 km.
Trátase dunha proba solidaria, pois o importe da preinscripción será de 5€, o Club Travesía Sisargas doará o total da recaudación das preinscripciones á Ong "Save the Children" que o destinará ao “Programa de atención da Infancia en España”.
O número límite de participantes nesta edición será de 180 que se repartirán da seguinte forma: 15 prazas Club Travesía Sisargas, 10 prazas Concello de Malpica, 5 prazas para os 5 primeiros clasificados da pasada edición e 150 prazas abertas a todos os participantes que se queiran inscribir na proba.
A organización agradece a a colaboración do Concello de Malpica, Cofradía de Pescadores, Protección Civil, Cruz Vermella do Mar, e de todos os patrocinadores e colaboradores.
Aquí vemos o vídeo do ano pasado
VI Travesia Sisargas Malpica from Club Travesía Sisargas on Vimeo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).