Mércores. 22.09.2021
El tiempo

Malpica solicita á Deputación un tractor

tractor municipal en finca privada 2
Malpica solicita á Deputación un tractor

O Concello de Malpica solicitará á Deputación da Coruña apoio económico para adquirir un tractor con brazo rozador e desbrozadora e un camión con caixa basculante e grúa.

O pleno da corporación municipal aprobou onte por unanimidade solicitar ao ente provincial unha subvención de concesión directa por importe de 173.995 euros para cofinanciar esta iniciativa.Esta cifra corresponderíase co 80% do custo total do investimento (217.493), cuxo 20% restante, 43.498 euros, será aportado a través de fondos propios do Concello.

O goberno local sinalou que a través desta adquisición seguen a mellorarse os servizos do municipio, nesta ocasión no eido da protección ambiental, co obxectivo de acondicionar diferentes espazos dunha forma máis eficiente e rápida con este novo equipamento.   

comentarios