Venres. 05.06.2020
El tiempo

Málpica súmase ao programa clubEmprego de Íntegro para impulsar a inserción laboral da muller

Málpica súmase ao programa clubEmprego de Íntegro para impulsar a inserción laboral da muller
A partir do vindeiro mes de abril o concello de Malpica unese ao clubEmprego promovido pola asociación Íntegro dentro do seu PIMD Rural co fin de crear un novo espazo de encontro para a inserción da muller. As interesadas en participar neste programa poden informarse con máis detalle e/ou formalizar a súa inscrición na oficina de Desenvolvemento Local, situada na casa do Oleiro de Buño, tanto persoalmente coma a través do número de teléfono 981 711 303 ou do correo electrónico [email protected] Esta experiencia está dirixida a mulleres con ganas de incorporarse ao mercado de traballo. O clubEmprego posibilitará a busca de emprego en grupo e a prestación de asesoramento individual e grupal para dotar de ferramentas útiles e necesarias a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade social. Para elo, en cada sesión haberá grupos reducidos de traballo aos que se lles facilitará apoio formativo individualizado relacionado con Tic´s, trámites administrativos ou empoderamento, así como accións grupais dirixidas á realización de procuras dixitais, entrega de currículos, busca a pé de rúa, creación de bolsas de emprego ou intermediación laboral con empresas, entre outras. Ademais, faranse prospeccións de mercado periódicas para coñecer, a curto e medio prazo, as necesidades de mercado da zona e adecuar a formación das alumnas ás mesmas. Así mesmo, en caso que a demanda o requirise, tamén se poría en marcha un clubEmprendemento para mulleres emprendedoras, interesadas no autoemprego, coa finalidade de poñer ao seu alcance as medidas, coñecementos e axudas necesarias para crear o seu propio negocio ou empresa. Novas relacionadas

Fonte

comentarios