Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Medio Rural entrega os títulos da parcelaria de Cerqueda

Medio Rural entrega os títulos da parcelaria de Cerqueda
Mais de 400 persoas reunironse en marzo con duas tecnicas de Medio Rural que se desprazaron ata Malpica Máis de 400 persoas reunironse en marzo con dúas tecnicas de Medio Rural que se desprazaron ata Malpica A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, desprazarase esta mañá a Malpica para asistir ao acto de entrega dos títulos da concentración parcelaria de Cerqueda, que terá lugar no centro Cívico a partir das 11.00 horas. Xunto á conselleira estarán o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez; o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga. O acto de hoxe porá fin a un proceso iniciado hai 24 anos. A consellería de Medio Rural investiu preto de 1,8 millóns de euros para a asistencia técnica e as obras nunha superficie a concentrar de 793 hectáreas. O proxecto permitiu aos 969 propietarios reducir o número de parcelas das 4.585 iniciais ás 1.849 resultantes, acadando deste xeito unha superficie media de 3.700 metros cadrados. Todos eses propietarios poderán recoller hoxe os seus títulos, ben en persoa ou ben a través dun terceiro, pero sempre presentando o recibo que lles entregaron as técnicas da Consellería de Medio Rural hai unhas semanas. No caso de non dispoñer do recibo tamén se poderá retirar o título presentando o DNI e, no caso de tratarse dun terceiro, a autorización do titular da parcela. A partir de mañá, e para as persoas que non poidan acudir, os títulos de propiedade estarán dispoñibles na Xefatura do Servizo de Infraestruturas Agrarias (edificio administrativo de Monelos, 6º andar, na rúa Vicente Ferrer, núm. 2 – A Coruña). Novas relacionadas Fonte

comentarios