Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mostra 2019: Gastronomía e música maridan de luxo coa Olería de Buño

Manuela de Marina prendendo o Forno do Forte para a Cocedura da Mostra de Oleria de Buno
Manuela de Mariñán prendendo o Forno do Forte para a Cocedura da Mostra de Olería de Buño
Mostra 2019: Gastronomía e música maridan de luxo coa Olería de Buño

Trala combativa inauguración, ollando cara o futuro en clave de relexo xeracional, o ambiente festivo e cultural tomou a Mostra de Olería de Buño. Nesta a súa XXXVI edición, esta festa pon en valor unha artesanía centenaria que se ten que afianzar como motor económico e reclamo turístico de toda unha comarca. E precisamente o camiño parece fixado pola aposta pola gastronomía de excelencia a través de eses showcookings nos que a artesanía oleira serve de inmellorable marco de presentación.

Ademais, dos postos de artesanía e as demostracións en vivo, a vila viviu dun xeito especial as degustacións e os concertos. Cita paralela e especial tiveron os cativos o venres coa nova función do Retablo de Fantoches Rafael Dieste no Paseo da Praia. Os 140 espectadores/as, maioritariamente público infantil, gozaron con "Os romeiros do caracol”.

O Retablo dos Fantoches de Malpica

Cocedura e gastronomía

O Rulo na Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de Buno 2019

Un dos momentos máis auténticos é a Cocedura Tradicional, dirixida, un ano máis, polo Rulo (nesta foto), coa carga do forno, que se vén repetindo dende hai xa 20 anos coincidindo coa Mostra da Olería. Despois de preparar as pezas, a experta de Manuela de Mariñán achegouse para prender o forno, e coa axuda dos atizadores para manter a temperatura, a cocedura quedou toda a noite sabatina “traballando”. Foi o domingo pola mañá cando se fixo a descarga das preto de 2.000 novas pezas de Olería de Buño que estarán identificadas coa etiqueta que acredita a súa elaboración ao xeito tradicional de principio a fi.

Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de BunoPrendendo a cocedura tradicional da Mostra de Oleria

Este ano o concello quixo poñer en valor a Carroa, unha comida tradicional que se facía unha vez rematada con éxito a cocedura e na que se preparaban, sobre todo, guisos, asados á brasa ou caldeiradas para celebrar o traballo ben feito, recuperar forzas e gratificar aos xornaleiros e xornaleiras.

Carmen, a cociñeira do restaurante O Esqueiro, levou a batuta nos fogóns para deleitar cun prato que representa todos os valores da dieta atlántica e no que, unha vez máis, fusionamos olería e mar para ofrecer unha mestura que só é posible no noso concello.

Nesa fusión intervén un terceiro elemento: a cociña. O venres foi o día do showcooking no que os cociñeiro Óscar Ures, do restaurante A Cunca, e David Vilariño e Alberto Alvedro, da Taberna do Campo, volveron a poñer en evidencia o ben que “maridan” gastronomía e olería de Buño. Ceviche de corvina, polbo sobre tosta de pan de cereais e carne asada a 100 graos durante tres horas con verduras foron, con moitísimos máis matices, os tres pratos que puideron degustar as persoas que conseguiron praza, xa que estaban limitadas.

Showcooking na Mostra de Oleria de Buno 2019Showcooking con empratado de Buno na Mostra de Oleria

Novas relacionadas

Comentarios