Mércores. 21.08.2019
El tiempo

A Mostra de Olería arrinca loitando contra o desinterese da sociedade e a falta de relevo xeracional

A Mostra de Olería arrinca loitando contra o desinterese da sociedade e a falta de relevo xeracional

Comezou a festa da artesanía en Buño. A XXXVI Mostra de Olería de Buño 2019 arriou as velas e xa nevega polo parque Luciano García Alén. Unha ampla representación política, como non podía ser doutro xeito, deuse cita para a inauguración oficial, evento que dá paso ás numerosas actividades (exhibicións en vivo, rutas, degustacións, exposicións, actividades, concertos, sesións dj…) que se dan ao longo de toda a fin de semana.

Foron discursos máis comprometidos que outros anos os que se escoitaron na apertura da mostra. O alcalde da vila, Walter Pardo, deixou patente un dos meirandes problemas aos que se enfronta esta artesanía centenaria: a falta de relevo xeracional.

Tamén a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, alertou sobre o crecente desinterese da sociedade na defensa dos oficios populares, pero quixo defender o seu valor cultural e económico, agradecendo ademais aos oleiros e oleiras de Buño a súa defensa do patrimonio cultural galego, calificándoos de “importante sustento da nosa memoria e esencia”. Na súa intervención destacou que “a Mostra é unha espectacular oportunidade para comprobar a mestura entre a tradición e o contemporáneo”.

Todos deixaron patente que Buño é unha das maiores potencias cerámicas do noroeste peninsular, tanto en número de obradoiros, como artesáns en activo, como en creatividade.

Tamén falou Xosé Regueira, presidente en funcións da Deputación da Coruña, que defendeu a necesidade de apostar para recuperar o pulso da olaría como sector económico de futuro. Na súa intervención, convidou a mirar a olaría con "ollos de futuro" e avogou porque a olaría estea presente nos restaurantes e nas casas, "en todos os escenarios en que nos movemos".
​Destacou, neste sentido, o "enorme potencial" dun sector que, segundo apuntou ten que volver a ser "un elemento fundamental para o progreso, o benestar e a creación de emprego" polo que é preciso implicarse na "innovación, na procura de novas formas, de novos usos e na aplicación da olería ás necesidades do mercado".

Politicos na Mostra de Oleria de Buno 2019

Máis información

Comentarios