Música e gastronomía para o Día de Rosalía en Malpica

07:29 19/02/25
Malpica súmase á celebración do Día de Rosalía. No marco desta data tan relevante, os establecementos hostaleiros do municipio que desexen participar poderán inscribirse ata o xoves 20 de febreiro ás 14:00 horas, chamando ao 981 707 104 ou enviando un correo electrónico a [email protected].
Os locais participantes ofrecerán como tapa o tradicional “caldo de gloria” durante a hora dos viños do mediodía do domingo 23 de febreiro.
Ademais, o Concello organizará un pasarrúas de cantareiras que percorrerá os establecementos inscritos, amenizando a xornada cunha homenaxe musical á autora. Tamén se distribuirán salvamanteis cos versos do poema Miña casiña, meu lar, no que Rosalía describe a receita deste prato tradicional galego.