![Os cursos estan dirixidos a rapaces e rapazadas entre os 9 e os 18 anos]()
Os cursos están dirixidos a rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos. Imaxe de arquivo
Muxía e Malpica acollerán este anoos cursos da campaña de vela 2016 da Deputación da Coruña xunto cos concellos de Cariños, Oleiros, Rianxo e Ribeira. Esta actividade está dirixida a
rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito de cada un dos concellos que serán sede da actividade.
Os interesados en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que pode descargarse da
páxina web da Deputación da Coruña, debidamente cumprimentada e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros.
Nos cursos, que terán unha duración dunha semana en quendas de mañá - de 10 a 14 horas - e de tarde - de 16 a 20 horas-, realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións naúticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.
Datas
No caso de Muxía, o curso de vela será do
1 ao 5 de agosto. Os interesados en participar deben inscribirse antes do 18 de xullo. Malpica entrará dentro da sexta e última quenda da campaña da Diputación. Así o curso desenvolveranse entre o
8 e o 12 de agosto e o prazo de inscrición remata o 26 de xullo.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación da Coruña