Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un Nadal de Deportes e Obradoiros en Malpica

Nadal en Malpica
Un Nadal de Deportes e Obradoiros en Malpica

Ademais da foliada e mercadillo do domingo 18 de decembro, o Nadal de Malpica chega cargado de deporte e obradoiro.

Deportes

Xa foron un éxito o ano pasado e a Concellería de Cultura e Depotes repite. O 20 de decembro haberá un control de marcas de Atletismo para nenos a partir de 10 anos no pavillón municipal a partir das 16:30h.

O 27 e 29 haberá clinic de volei. O 30 será o día do tenis de mesa e das danzas urbanas, e o 3 de xaneiro, fútbol 3x3.

Cómpre inscribirse no 981 720 001 ou en [email protected].

Obradoiros

  • Obradoiro de Adornos de Nadal: 23 de decembro de 10.00 a 12.00 para nenos e nenas de de 8 a 12 anos e de 12.00 a 14.00 para idades comprendidas entre os 4 e 7 anos. O período de inscrición estará aberto ata o 20 de decembro.
  • Obradoiro de Robótica e Tecnoloxía: 27 de decembro no Centro Cívico de 16.30 a 18.00 para nenos e nenas de 4 a 7 anos e de 18.00 a 19.30 para nenos e nanas de 8 a 12 anos. O período de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro.
  • Obradoiro de Barro: 28 de decembro na Casa do Oleiro de 17.00 a 19.00 para nenos e nenas a partir dos 5 anos. O período de inscrición estará aberto ata o o 23 de decembro.
  • Obradoiro de Nadal coas Redeiras: De 16.30 a 18.00 para nenos e nanas de 3 a 12 anos dividido en dúas xornadas: a primeira en Buño o 2 de xaneiro nas Escolas Vellas do CEIO JRO e a segundo en Malpica o xaneiro no Centro Cívico. O período de inscrición estará aberto ata o 30 de decembro. Colaboran as Redeiras o Fieital.

     

    Os obradoiros son pensados para nenos de entre 3 e 12 anos, a asistencia será de balde, sempre baixo inscrición previa a través do Rexistro Xeral do concello, chamando ao teléfono 981707104 ou enviando un correo electrónico a [email protected]. Os formularios xa están a disposición das persoas interesadas no Concello de Malpica e tamén na web municipal.

Comentarios