Portos acepta a ampliación das zonas de pesca recreativa en Portocubelo e pon condicións noutros 5 peiraos costeiros
- Portos supedita a ampliación das zonas de pesca nos peiraos de Camariñas, Camelle, Fisterra, Malpica e Muros ao compromiso municipal

Tras un ano de incomprensible prohibición e ducias de manifestacións, a a Xunta regulaba a pesca recreativa nos portos galegos o pasado verán. Pasaron varios meses para presentar alegacións, e a Xunta informa hoxe das resolucións cos cambios nas condicións xerais en base ás 41 alegacións presentadas, e que entrarán en vigor nas vindeiras semanas.
A máis salientable é que Portos de Galicia propón ampliar as zonas autorizadas para a práctica da pesca recreativa ou os horarios en 29 portos. Destes, amplíanse os espazos permitidos, sen outros requisitos, no porto de Portocubelo (ademais dos de Ribeira, Aguete e Combarro).
Quedan pendentes da apertura das novas zonas noutros 25 portos galegos a que os Concellos se comprometan no “auxilio e control” da actividade. Entre eles atopamos os portos de Camariñas, Camelle, Fisterra, Malpica e Muros.
Nesta tesitura atópanse tamén os de A Pobra do Caramiñal, Aguiño, Bueu, Burela, Cabo de Cruz, Cariño, Castiñeiras, Corrubedo, Escarabote, Moaña, O Xufre, Palmeira, Portosín, Rianxo, Ribadeo, Sada, San Cibrao, Santa Cristina, Tragove e Viveiro.
Entre o resto de novidades, novidades atópase a posibilidade de acompañamento de menores de 16 anos baixo a responsabilidade dun adulto e redúcese de 5 a 3 metros a distancia mínima que debe haber entre pescadores.
Entre outros cambios puntuais, modificarase tamén a redacción do apartado relativo á cobertura da póliza de seguros, co obxecto de clarificar este punto. Así, esixirase un seguro de responsabilidade civil para atender os danos ocasionados á Administración ou a terceiros, un seguro de accidentes propios e cobertura de falecemento. Estas coberturas atópanse xa recollidas na licencia federativa de pesca deportiva. Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 21: A pesca recreativa volveu saír aos portos reivindicando unha "afección sá”.
- Setembro 21: Camariñas presentará alegacións contra as zonas restrinxidas á pesca deportiva nos portos de Camariñas e Camelle.
- Agosto 21: A Xunta regula a pesca recreativa nos portos.
- Xullo 21: Portos debulla 3 niveis de restrición para a pesca recreativa nos peiraos autonómicos.
- 06-06-21: Manifestación en Compostela dos pescadores recreativos: “Somos deportivos, non somos furtivos”.
- Xuño 21: “Non ao Real Decreto" sobre a Regulamentación da Pesca Deportiva en Augas Exteriores.
- Maio 21: “Pescar non é delito. Deixádenos pescar!”.
- Abril 21: Os pescadores recreativos pediron a apertura dos portos en Malpica.
- Febreiro 2021: Así son as normas que vai impoñer Portos para a pesca recreativa nos peiraos e así é a proposta da Confraría de Malpica:
- Decembro 2020: Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización.
- Novembro 2020: Os pescadores recreativos saen aos portos para pedir que non se lles trate como delincuentes.
- 2017: Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira.
- 2017: Un pescador de luras do porto de Corcubión.