Luns. 29.04.2024
El tiempo

O bares de Malpica serven este venres Caldo de Gloria polo Día de Rosalía

caldo da gloria nos bares de malpica
O bares de Malpica serven este venres Caldo de Gloria polo Día de Rosalía

O Concello de Malpica de Bergantiños, a través da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, únese á celebración do Día de Rosalía, que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro. Como ven ocorrendo en ocasións anteriores, a iniciativa conta coa colaboración de estabelecementos locais como Bar Ybarra, Bar O Pescador, O Cornecho de Tano, Restaurante Casa Antonio, Cafetería Santiago Apostol e Restaurante San Francisco. Estes lugares, na hora do viño, ofrecerán como tapa un "caldo de gloria".

Durante o horario dos viños da noite, haberá pasarrúas de gaiteiros percorrendo os locais colaboradores, e entre outras pezas, interpretarán a "Alborada para Rosalía". O Concello de Malpica tamén distribuirá aos estabelecementos salvamanteis co poema "Miña casiña meu lar", no que Rosalía recolle a receita do "caldo de gloria".

Máis novas de Rosalía

Comentarios