Luns. 09.09.2024
El tiempo

O Forno da Costa, listo para unha cocedura

O Forno da Costa, listo para unha cocedura
Forno da Costa-Oleria Buno-Malpica

Súmase ao patrimonio oleiro de Malpica o Forno da Costa, rehabilitado para a súa posta en valor nos últimos meses. As obras do conxunto arquitectónico e artesán, situado no centro de Buño, están practicamente rematadas, polo que xa o Forno da Costa, un dos máis emblemáticos de Buño, pasará a formar parte da ruta interior do pobo oleiro.

O Forno da Costa é un dos 4 catalogados no concello, e forma parte do grupo de fornos comunais que durante séculos foron utilizados polos oleiros do barrio da Costa, no centro da vila. Coa rehabilitación deste forno, que contou coa axuda da Deputación, os tradicionais barrios oleiros de Forno Novo, Mouróns e Costa teñen as súas edificacións recuperadas.

O conxunto de Forno da Costa consta do forno de cocer a cerámica e de dous cabanotes para gardar materiais e almacenar toxo. Son estruturas características e propias da olería de Buño que grazas a este proxecto foron recuperadas.
O forno, que se atopaba en bastante bo estado, presentaba necesidades de saneamento do muro dianteiro, de reconstrución da boca, ademais da retirada do engadido no muro. Nun dos cabanotes foi substituída toda a estructura de madeira, que se atopaba seriamente deteriorada. O pilar de ladrillo cerámico foi suplido por outro acorde ao conxunto, e os muros de mampostería de pedra foron saneados.
No segundo cabanote levouse a cabo a reconstrución parcial e saneado dos muros, a reconstrucción dun dos pilares e a instalación dun tellado novo.

O custe da obra foi de 79.200,01 €, financiados pola Deputación de A Coruña e o Concello de Malpica de Bergantiños. Según o convenio asinado porlas dúas entidades o 25 de abril deste ano, a Deputación achega 59.122,80 € e o Concello, 20.077,21 €.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios