Mércores. 20.10.2021
El tiempo

O Nordestazo xa é de Primeira División

O Nordestazo xa é de Primeira División
O público estivo entregadísimo no Nordestazo Rock 2012 cos Heredeiros da Crus

Así dicía Alberto Alfonso polo twitter o Festival do Nordestazo Rock. Un festival que tras esta 4ª edición xa se coloca entre os escollidos do verán en todo o país. Este curso, o impulso de traer aos Heredeiros da Crus na súa xira pola súa reaparición e polo seu 20 aniversario, servíu para catapultar unha festa nova, pero con sanre.

Case 4.000 persoas saltaron e vibraron con rockandroll do bo. De feito, este ano o festival tivo que trasladarse á zona norte do peirao, onde xa se celebraba o antigo festival Malpica Rock, pois case 4.000 entradas foran vendidas pola rede. E falta fixo!

Pola tarde xa os Skarallaos abrían a festa con música divertida en acústico. A festa nocturna abriuna Exit cos seus tributos a bandas míticas do rock e do heavy de todos os tempos. Moon Cresta metiu o toque de clase a ritmo power&funk.

E pasada a media noite saía dun cadaleito un epilético Javi Maneiro, dando o pistoletazo ao concerto máis esperado.
E viñan con gañas os Heredeiros. Xa avisaran no multituniario Derrame Rock de Ourense, que viñan queimar Malpica. I é que os concertos de costa, como ribeirenses que son, son os seus favoritos. E vaia se queimaron Malpica. Fixerona "josar" en longas 2 horas e media de festa, que poucos na Costa da Morte esquecerán.

O momento cumio da noite acontecía como non, da man dos Heredeiros, quen sabendo a quen agradecer e con quen contar, deron voz a dous pesos pesados da comarca de Bergantiños, Santi Romay, actor malpicán e un dos grandes organizadores da Tralla, e Lorena Pose, presentadora pontecesá da TVG. Ambos encederon un pouco máis, se era posible, ao entregado público.

Haberá que esperar a ver que sorpresa nos traen o ano que vén os fenómenos da AC Tralla, pero antes aínda temos moito verán festivaleiro que disfrutar!!

De Malpica a Razo?

E sen tempo, a vindeira fin de semana pasamos de Malpica a Razo, para disfrutar do Sereas e Piratas!! Quen dá máis?!

E se aínda non tedes entrada, participade no sorteo de 20 entradas que daremos este xoves!!

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Fonte

comentarios