Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cempés, A Quadrilha, Xarnege e Ultraqans para a XXIX Festa da Carballeira de Zas

Cempés, A Quadrilha, Xarnege e Ultraqans para a XXIX Festa da Carballeira de Zas
Festa da Carballeira de Zas 2012

Xa temos cartel para a Festa da Carballeira de Zas 2012, a cita máis lonxeva da Axenda Sonora da Costa da Morte. Nada menos que 29 anos cumpre a festa folk por excelencia, e este volven varias e emotivas actuacións.

Así, volverán á lendaria Carballeira de Velar este sábado 4 de agosto, Os Cempés, para presentar o seu novo disco (financiado ademais por crowfundind) Tentemozo. Outros dos que repiten serán os portugueses da A Quadrilha, que xa deixaron grandes momentos por Zas, e volverán entoar o nunca mellor traído, "Ninguén é dono do mar".

Dous días de folk

O venres xa comeza a soar a música celta en Zas. Da man do Concello estará A Banda de Balbina, para facernos escachar do baile de da risa.

O sábado abrirá a tarde tradicional, coma sempre a Escola de Baile da asociación organizadora, Castro Meda. Ademais completarán a tarde o grupo de baile Chorima de Rois, e o Grupo de Gaitas San Xoán de Ouces.

E unha noite de festa

Xa a noite, serán os coruñeses "Mágoa" os que abran o telón a partir das 22:00h. E de aí, todo seguido.
Subirán os Os Cempés a poñer ao público temblando de emoción.
Tamén estarán os vascos Xarnege, cunha proposta moi festeira e rápida.
Segurinos A Quadrilla, uns autenticos clásicos.
E a fin de festa será da man dos galegos Ultraqans, que coa súa proposta speedfolk fará que os que queden vivos bailes ata a extenuación.

Eiiiiiiii Carballeiraaaa!!!!!


Os Cempés

Xarnege

A Quadrilla

Ultraqans

Máis oinformación

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Fonte

Comentarios