O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño


Primeira fin de semana de barro en Buño e parece que a Mostra segue viva. E sobre todo, gracias aos centos de turistas que ateigaron o Centro Comarcal de Buño e disfrutaron tanto coas exhibicións en tempo real, como das actuacións musicais ou das exposicións.
A XXIX Mostra de Olería de Buño abría as súas portas o pasado venres 3 de agosto, e estará aberta ata o vindeiro domingo 12. A combinación entre venda directa de pezas e demostracións en vivo con obradoiros prácticos fai desta Mostra algo moi valorado polos visitantes.
Así, Buño é, ano tras ano, un escaparate da calidade e da creatividade da olería e unha referencia para o produto artesán galego. Unha Mostra apoiada ademais pola Xunta e pola Deputación, que invisten, sobre todo na innovación, a mellora da comercialización e a formación dos profesionais.
De feito, a comercialización segue a ser un dos cabalos de batalla máis grandes da artesanía galega, e os produtos sacados polas administracións non acaban de facer aumentar a demanda. Precisamente o Presidente da Deputación afirmaba que “desde a RETI que agora preside a Deputación, aproveitaremos todos os recursos para dar a coñecer a olería de Buño”, inferiu o presidente.
Aberta
A Mostra da Olería poderá visitarse en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Durante a celebración da mesma estarán abertos ao público o Ecomuseo do Forno do Forte e mais o Centro Comarcal de Bergantiños, e tamén se ofrecerán actividades con exposicións de olería, pintura e encaixe, obradoiros de barro para os máis cativos e música e danza tradicionais.
Máis información
Novas relacionadas
- Buño celebra os 29 anos da Mostra de Olería con 10 días de actividades.
- As Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Un oleiro en perigo de extinción.
- Pecha o Centro Comarcal de Bergantiños de Buño.
- A Cerámica de Buño exponse en Madrid a través da Fundación Torre-Pujales.
- Mostra 2010: Unha Mostra de relevo.
- Mostra 2008: Unha semana enteira de barro en Buño.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).